Xogarte2011 en Televigo

Xogarte2011, a mostra de fotografía xove contemporánea foi protagonista dunha noticia emitida no telexornal de Televigo o pasado 20 de setembro, durante a mostra realizada na sala de exposicións do punto Xove.


A continuación podedes ver o video da noticia.


VIDEO TELEVIGO



Estreno da proxección Xogarte2011

O xoves 22 de setembro tivo lugar o estreno da proxección do video-mostra de Xogarte2011 no Punto Xove de Vigo. Foi un acto íntimo e tras a proxección comentaronse as fotos, a técnica e as motivacións das series que se mostraron cun pequeno coloquio entre asistentes e parte do equipo que forma Xogarte2011.

Aquí vos deixamos os links das  entradas referidas a dita proxección e o link do video onde podedes visionalo se non tivestes a posibilidade de velo en directo.





A comisaria da exposición Marta Pérez presenta a mostra Xogarte2011

A continuación podedes visualizar o video no que a comisaria de arte Marta Pérez presenta a mostra Xogarte2011. Un pequeno percorrido a través das obras expostas. 
Estades convidados a visitar a mostra durante a sua permanencia na sala de exposicións do Punto Xove de Vigo, na Rúa López de Neira 27, preto da céntrica Rúa Principe. 



Xogarte2011 Portada da axenda cultural da Concelleria de Xuventude

A Concellería de Xuventude de Vigo ven de publicar o pasado 16 de setembro no seu dominio web unha noticia con motivo da inauguración da mostra Xogarte2011 no local Punto Xove de Vigo, situado na Rúa López de Neira, que pertence a rede de locales socioculturais que o Concello ten dispostos na cidade. 
O Punto Xove de Vigo é un dos locais máis centricos da cidade, ubicado a escasos metros a coñecida e concurrida rúa comercial peonil Principe, que serve de encontro para actividades de diversa índole no centro da cidade.
A sala, íntima e personal, está aberta ó público de luns a venres de 9:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00h agás os venres que só abre pola mañá.




Aqui podese consultar o link con toda a información e acceso ó video promocional da visita guiada pola comisaria da exposición Marta Pérez.

Link

A mostra Xogarte2011 amplia a sua difusión

As páxinas Masvigo e Lainformación.com recollen nas suas axendas noticias e entradas referentes á mostra Xogarte2011. Ambas sinalan a ubicación e duración da mostra e convidan os vigueses a visitar a mostra.


Link MasVigo


Link Lainformación.com

Dot Magazine faise eco da mostra

O magazine Dot Magazine ven de publicar o pasado luns 12 unha nova sobre a mostra fotográfica Xogarte2011 onde convida a visitar a exposición que se está a mostrar no Punto Xove de Vigo, Rúa Lopez de Neira nº27 ata o próximo 30 de setembro. A noticia reseña as principais características da mostra e está acompañada por unha das instantáneas de Carla Otero pertencente a serie "More fire".



               
A revista Dot: naceu coma unna necesidade de dar a coñecer o máis relevante no panorama artístico e cultural de Galicia. Unha guía útil, pero sobre todo eficaz,[], cuxa intención es dar a coñecer todo o que se pode facer e onde se pode facer. Convidamosvos a ler o magazine.


Entrada de Dot Magazine LINK

A EMAO e Xogarte2011

A EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) publicou no seu blogue unha entrada acerca da mostra Xogarte 2011.  A entrada está acompañada por unha das fotos mais impactantes da mostra pertencente á serie "Love best violence" de Tamara Soengas.

Foto da EMAO

A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) está situada no emblemático edificio do arquitecto Pacewicz, doado por García Barbón á cidade.
É o organismo autónomo do Concello de Vigo adicado á formación en Artes e Oficios Artísticos que, de xeito gratuíto, imparte clases nas diferentes materias que os seus correspondentes plans de estudos establecen anualmente.

Enlace o blogue da EMAO, LINK