A EMAO e Xogarte2011

A EMAO (Escola Municipal de Artes e Oficios) publicou no seu blogue unha entrada acerca da mostra Xogarte 2011.  A entrada está acompañada por unha das fotos mais impactantes da mostra pertencente á serie "Love best violence" de Tamara Soengas.

Foto da EMAO

A Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO) está situada no emblemático edificio do arquitecto Pacewicz, doado por García Barbón á cidade.
É o organismo autónomo do Concello de Vigo adicado á formación en Artes e Oficios Artísticos que, de xeito gratuíto, imparte clases nas diferentes materias que os seus correspondentes plans de estudos establecen anualmente.

Enlace o blogue da EMAO, LINK