Presentación


O proxecto pretende a achega do arte da fotografía ós mozos e mozas galegos, a través dunha mostra de artistas noveis galegas. As obras presentes na mostra, funcionarán coma punto de partida cara a unha serie de talleres e actividades participativas, coas que todos os interesados poderán acadar uns coñecementos básicos sobre a historia da fotografía, unha introdución ás técnicas fotográficas e unha serie de coñecementos que pretender dotar ós mozos de xuízo crítico.


Trátase dunha mostra, adaptable a distintos espazos e de carácter itinerante, co fin de acadar o máximo posible de participantes na actividade, achegando a oportunidade de imbuírse no mundo da fotografía ás principais cidades e vilas do ámbito galego.
O panorama artístico galego benefíciase ó ver ampliada a súa oferta e o cómputo de artistas emerxentes. Con este mesmo espírito, o público obterá un beneficio directo da realización do proxecto xunto con, por suposto, os participantes nos talleres.


¿Quenes somos? 

Escollimos “Xogarte“ coma nome do noso grupo por ser éste un proxecto de carácter didáctico pero, por riba de todo, lúdico e de lecer. Sen embargo, a nomenclatura provén de “XOvenes GAlegas”. Somos un grupo de rapazas xoves e galegas heteroxéneo, de Lugo, Santiago de Compostela, Ourense e, inclusive, unha parisina afincada na Coruña. 

Este proxecto expositivo e didáctico é unha gran oportunidade para todos aqueles mozos e mozas que queiran achegarse ó mundo da fotografía, entendida ésta dende distintos ámbitos.


Agardamos a vosa visita