Artistas


Tamara Soengas González nace o 14 de maio de 1985 en A Golada, Pontevedra, aínda que Lugo é a súa cidade de crianza. No 2003 trasládase a Pontevedra para realizar a Licenciatura na Facultade de Belas Artes desta cidade, especializándose en Audiovisuais e Técnicas Gráficas. No 2008 participará con tres obras escultóricas na súa primeira exposición, a mostra colectiva El fin da facultade de Belas Artes. Este ano regresa a Lugo, onde cursa Deseño de Interiores na Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón. Sen embargo, o seguinte ano trasladarase a Barcelona, onde reside actualmente, para realizar o Máster en Deseño do Espacio Comercial: Retail Desing na Universidade Elisava pertencente a Pompeu Fabra, comezando a súa carreira profesional centrada no deseño. No seguinte ano compaxina o seu traballo coma deseñadora e colaboradora activa en deseño de escaparates, camisetas, zapatillas, flyers, etc., na tenda e no showroom 24Kilates de Barcelona, coas prácticas coma Deseñadora Gráfica en Marketing Internacional na empresa MCI Grupo AC Marca en Barcelona e, máis tarde, coma deseñadora de espacios comerciais no estudio de Claudio Astudillo.

Inda que centrada no ámbito do deseño, non abandona a súa carreira artística comezada na facultade, e tamén no 2009 participa na exposición colectiva “Solo Luz” na Galería de Arte Artemenudo de Lugo, onde tamén participará na mostra colectiva do 2010 “ANDÉN 21”.
Actualmente traballa coma Visibility and Merchandising Product Manager  Perfumery Chains en Coty Prestige España, en Barcelona.



Sara Costas Vázquez naceu o 20 de xuño de 1991 en Vigo, onde cursou os seus estudios primarios e de bacharelato. No ano 2007, participou na montaxe da mostra Cicatrices Invisibles de Ana Soler, no Museo de Arte Contemporánea Gas Fenosa (MACUF), na cidade da Coruña.
No ano 2009 trasládase a Ourense, onde comeza os seus estudios de Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño, (EASD) Antonio Failde. 
No outono do 2010, exhibe publicamente a súa primeira obra, Jack el tuerto, formando parte da exposición colectiva A través do espello, organizada polos alumnos do 2º curso de Fotografía Artística na Casa da Xuventude de Ourense. 
No 2011 comeza os seus estudos de Belas Artes na Facultade de Pontevedra. Este mesmo ano puidemos ver a mostra A través do espello, esta vez sita no centro El Cercano, en Ourense.





Mare, nome artístico de Mar Penín Guillén, nace o 23 de Octubre de 1981 en Cádiz, aínda que moi cedo virá a Galicia, cursando os seus estudos primarios e de bacharelato en Ourense. En 1999 trasládase a cidade de A Coruña, onde comeza os estudos de licenciatura en Arquitectura pola Escola Superior de Arquitectura da Coruña, que rematará na Universidade Politécnica de Madrid.
No ano 2008 acada o título de Deseñadora Junior na Universidade da Coruña e, este mesmo ano, comeza os seus estudos de terceiro ciclo en Xénese, linguaxe e composición na Arquitectura.
Aínda que a súa carreira profesional céntrase na arquitectura, a fotografía sempre foi para ela algo máis que un hobby.  Este feito faise notable no ano 2010, no que obtén o segundo premio no concurso fotográfico Fotografía navideña cidade de Avilés. Ed. Azucel.
Actualmente traballa coma arquitecto autónomo, ademais de coma fotógrafa artística.









Carla Otero naceu o 25 de agosto de 1987 en Ourense. Actualmente reside en O Carballino, onde cursou os estudos primarios e o bacharelato, aínda que dende 2009 cursa en Ourense os seus estudos de Fotografía Artística na Escola de Arte e Superior de Deseño (EASD) Antonio Failde.
A súa primeira mostra vería precisamente do seu paso pola escola, no outono de 2010, coma parte da exposición colectiva “A través do espello”, organizada polos alumnos do 2º curso de fotografía da EASD, na Casa da Xuventude de Ourense. Nesta exposición, que no 2011 realizou unha itinerancia en El Cercano, en Ourense, presentou a súa primeira obra, “My milk, your milk”.